PRAGA: A miña viaxe en Semana Santa
Praga é unha cidade moi romántica, chea de encanto para escaparse uns días e..., gozar da súa beleza.
Praga é a capital da República Checa, e dende logo unha das cidades mais fermosas de toda Europa. Se queredes saber algo mais sobre ela, pinchade no enlace, e sairavos a páxina da wikipedia, e, se non é dabondo, pois buscade algo mais de información pola vosa conta. Eu soamente vouvos ler o meu diario de viaxe, o meu caderno de bitácora, xunto cunhas cantas fotos e algunha que outra anotación. Mais que nada para que vexades que fixen os deberes.
DURACION total da viaxe: 4 días.
AVIÓN. Desprazamento Madrid-Praga: 170 euros aprox coa compañía checa CZECHAIRLINES.
HOTEIS: DesignHotel Elephant . Hotel catro estrelas moi agradable, céntrico e de deseño. Prezo aprox sobre 180 euros 4 noites con almorzo tipo bufet, incluído no prezo. O hotel o collimos en Trivago.
DESCRIPCIÓN DA VIAXE:
Praga, a cidade dourada que despois de caer o pano de aceiro volve a relucir con todo o seu esplendor. Unha cidade preciosa que dende a primeira ollada che deixa totalmente cativa e presa da súa beleza. Mires para onde mires nada che deixará indiferente, e sempre descubrirás algo que che deixará impresionado, música e arte que se combinan en perfecta harmonía. Estas foron as miñas impresións desta viaxe.
En Praga estivemos 4 días que nos deu para ver o máis destacado e gozar da cidade e o de seu aroma artístico.

